No día de onte foron presentados no municipal de Sta. Cruz Toñito (procede do Xove Lago), Oscar(procede do Burela) e Alberto (procede do Mondoñedo). Dándolles a benvida estivo Pablo Maseda, directivo das Escolas e Concelleiro de Deportes. Toñito desenvólvese na posición de interior, Oscar xoga de central e Alberto ocupa a demarcación de lateral. Dende aquí desexámoslles que teñan moita sorte nesta nova etapa que comenzan con nós, agradecéndolles de antemán a súa predisposición a participar neste novo proxecto para competir por cuarta temporada consecutiva en 1ª autonómica.