A última hora do día de onte Oli Rojo Regueira comprometeuse co novo e ilusionante proxecto do equipo de fútbol de 1ª autonómica para a vindeira temporada. Oli procede do Santaballés, e xoga habitualmente de central ou medio centro. Nos próximos días será presentado oficialmente.
Con este reforzo de Oli, así como coas altas de Toñito, Oscar, Alberto e o regreso ó equipo de Víctor Redondas; xunto coa incorporación durante a pretemporada dos xogadores que proceden de xuvenís Jorge, Manu, Pitero, Joseinho, Imad e Michael; dase case por pechada unha plantilla que esperamos nos faga disfrutar do seu xogo en 1ª autonómica un ano máis.
Os xogadores que causan baixa na 1ª plantilla por diferentes motivos son Carlos, Brenan, Titi e Michael.
No día de hoxe teremos a asamblea da federación galega de fútbol á que estamos convocados todos os clubs da provincia. Supoñemos que no día de mañá xoves avanzaremos o día que comenza a Liga así como a composición definitiva do grupo.