Os equipos juniors e seniors veñen de proclamarse campións do Lourenzá en Xogo 2011.
Despois de tres días de dura competición, os nosos equipos acadan sendos primeiros postos que nos enchen de emoción e alegría.
O equipo sénior, dirixido por Pablo Castro e reforzado por xogadoras de nacional como Ana Hospido e Rocío Varela; foi quen de plantarse na final e gañarlle a todo un equipazo como o Académico de Oporto(equipo que compite na Nacional Portuguesa).
Ademáis, o equipo Junior, que son as nosas recentes campionas provinciais e candidatas ó título na Copa Galicia acadaron de man de Juan Nécega o título de campión despois dunha gran exhibición de xogo durante todo o torneo.
Nos vindeiros días iremos subindo fotos e vídeos do evento.
Deixámosvos en principio coa copa que xa luce nas nosas vitrinas nun sitio referente: