17 de feb. de 2011

A ENTREVISTA A... "FIZ RGUEZ CARBALLO". ADESTRADOR DO EQUIPO QUE NOS VISITA NO DERBI DESTA SEMANA: U.D. PASTORICENSE

  1. Empezando polo pasado, ¿cómo foron os teus comezos como adestrador de fútbol?Empecei con 19 ou 20 anos, adestrando rapaces benxamíns e alevíns nas Escolas Deportivas de Cospeito e na S.G. Comercial. Posteriormente pasei varios anos sen adestrar por cuestión de estudos e laborais, ata que na tempada pasada empecei cos xuvenís do Pastoricense e na xornada 4 deixei de xogar para adestrar tamén ao equipo de afeccionados do Pastoricense.
  2. Dos equipos nos que estiveches, ¿cal te marcou de forma especial?Estiven en máis clubs como xogador que como adestrador, e de todos gardo gratos recordos e bos amigos. Cada club é diferente, e sempre che queda algo de cada un deles, pero sen dúbida o que máis me marcou e me segue a marcar é a Unión Deportiva Pastoricense. Será porque é o equipo do meu pobo, síntoo de maneira especial.
  3. Falando da liga de 1ª autonómica; ¿qué opinas do nivel dos equipos desta liga?É unha liga moi igualada, onde o nivel entre os equipos é moi parello. Por abaixo non hai ningún equipo descolgado que perda tódolos partidos, e na parte alta sobresae que non haxa un ou dous equipos máis sólidos que se destacarán 4 ou 5 puntos sobre o resto na loita polo segundo posto. O Chantada está un nivel por encima.
  4. Seguindo coa liga, Se Pastoricense remata a liga entre os dous primeiros clasificados, ¿ten intención de ascender a Preferente?Está claro que para un recén ascendido estar a estas alturas de tempada no terceiro posto invítao a soñar, pero somos conscientes de que somos o Pastoricense, vimos de segunda e o único que queremos e seguir disfrutando desta tempada. Está claro que se podemos quedar segundos non imos quedar terceiros, e posteriormente o que teña que ser será.
  5. Se o presidente do Pastoricense che concedera un desexo, ¿Qué lle pedirías?A Senén, ou a calquera outro presidente que teña a U.D. Pastoricense pediríalle que siga coa filosofía destes anos: traballo e humildade, e quen mellor che pode dar iso é a xente da casa. Polo tanto, que lle dean oportunidades aos rapaces da Pastoriza, sen importar a categoría na que se xogue, porque esa aposta ao final ten os seus froitos, é estámolo a ver, salvando as distancias, no noso equipo, no Lourenzá, no Burela ou no Chantada.
  6. Da plantilla do Lourenzá, ¿qué xogador levarías para o teu equipo?En Lourenzá hai xogadores moi interesantes, pero porque o coñezo desde que eramos nenos e xogamos xuntos no Cárnicos Río, e porque nesta liga é un xogador determinante, escollo a Recalde.
  7. ¿Cómo describirías á plantilla do Pastoricense? É un equipo moi compensado e amplío, con xogadores moi polivalentes o que permite cubrir as baixas con garantías e gañar en competitividade. Ademais é un equipo que se coñece moi ben, moi disciplinado e traballador, con ilusión e gañas de superación e, sobre todo, os seus xogadores son gañadores. A isto hai que unirlle que hai xogadores ao mellor non moi coñecidos, pero que están moi ben dotados técnica e tacticamente para a categoría.
  8. ¿Qué estilo de xogo intenta levar a cabo o Pastoricense?Ao mellor non facemos un fútbol vistoso coma outros equipos, pero creo que xogamos ben porque facemos ben o que queremos facer. Sabemos o campo e os xogadores que temos, eles son conscientes das súas calidades e coñecen os seus puntos fortes e débiles, e baseándonos neso propoñemos un fútbol ofensivo fundamentado no xogo directo, e defensivamente somos bastante sólidos.
  9. Se tiveras que definir á U.D. PASTORICENSE como club, dirías…O mellor club do mundo, cos seus defectos por suposto. Porque é o no que mellor o paso e o que me da máis satisfaccións, deportivas e sobre todo extradeportivas.
  10. Se tiveras que definir ás E.D. Lourenzá como club, dirías…É un club cunha filosofía similar ao Pastoricense pero que está moi por enriba, ten unha estrutura de base moito máis definida e sólida e por algo acada os recoñecementos que acada e é a envexa sa de moitos e moitos clubs e concellos. Sen dúbida, un exemplo para todos.
  11. ¿Cómo ves ó teu próximo rival, ó Lourenzá? É un moi bo equipo, moi forte sobre todo como local. Ten xogadores determinantes, un adestrador que lle imprime carácter ao equipo e saben perfectamente a que xogan. Levan tres partidos seguidos xogando a domicilio e só sumaron un punto, polo que estarán con moitas gañas e esperamos non pagar os pratos rotos.
  12. Predicións de futuro,
 - Un equipo campión de Liga en 1ª división: o Barça
-         ¿Quen ascenderá a Preferente? Chantada e…. aínda que debera dicir o Ribadeo porque está feito para iso, estando onde estamos teño que dicir o Pastoricense.
-         ¿Quen descenderá a Segunda Autonómica? Depende do número de descensos que haxa, pero poñendo que baixen 6, decantome polos que agora mesmo ocupan eses postos (Escairón, Brollón, Valadouro, Folgueiro, Santaballés e Calasancio) aínda que o Valadouro está nunha dinámica moi positiva.
-         Un resultado para o Lourenzá - Pastoricense: 0-1

  1. Citas: (Valen do Pastoricense,je,je…)
Un porteiro de 1ª autonómica: Josiño (Pastoricense)
Un defensa de 1ª autonómica: Iago (Pastoricense)
Un medio de 1ª autonómica: Mel (Pastoricense)
Un dianteiro de 1ª autonómica: Farra (Pastoricense)
Un adestrador de 1ª autonómica: Montoto (Chantada)
Unha afección de 1ª autonómica: a do Pastoricense, por suposto.
A máis complicada”Un árbitro de 1ª autonómica”: calquera, en xeral non teño queixa, teñen erros coma todos, non creo que máis que os adestradores e ou que os xogadores.

Fiz, adestrador do Pastoricense; posando co trofeo de campión de Liga de 2ª autonómica a temporada pasada

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe