5 de xuño de 2018

Ian Méndez, subcampión da Milla Atlántica de Ferrol. Ademáis, Henar bronce en alevín feminino

Participábamos o pasado sábado na Milla Atlántica de Ferrol con unhos excelentes resultados de novo, logrando dous pódiums de dous atletas presentados.
Ian Méndez lograba o segundo posto na categoría infantil tras un percorrido de 700 metros con un tempo de 3,22; entrando por detrás de Ricado Boquete (Ría Ferrol) e por diante de Joel Novo(Tirso de Molina).
Pola súa parte Henar Méndez lograba o bronce con un tempo de 2,56 na proba de 500 mts.; e compartía podíum con Alba Pena(Narón) e Aroa Glez(Fene).
Ademáis o noso míster Juan Luís Méndez realizaba unha gran actuación na milla absoluta, sendo 10º da xeral absoluta e 7º da súa categoría con un tempo de 6,07 a un ritmo o kilómetro de 3,18.

A gran Xana Rodríguez, Campiona Galega de Montaña Junior en Lalín!!! Noraboa, grande!!! Seguimos!!!

O Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa renova o título autonómico en categoría junior nas carreiras de montaña logrado a temporada pasada por Carmen López Diniz. Este ano tomaba o relevo natural Xana Rguez. para impoñerse na cima do Trail de Vilatuxe nas cumes de Lalín.
Xana entraba en meta con un tempo de 2 horas e 23 minutos, sendo a primeira atleta xuvenil e 14ª atleta feminina en cruzar a línea de chegada.
Xana segue así na hexemonía das carreiras de montaña, posto que obstenta os títulos cadetes autonómicos das tempadas 2015/16 e 2016/17.

Con vós as declaracións da nosa atleta en meta:
"Hoxe tocaban 17,5 kms en Vilatuxe!
"Carreira de 10, organización de 10, voluntarios de 10! Sen duda unha carreira para voltar..
E ademáis, Campeona Galega Junior. Gracias a todos polas felicitacións"!!!


30 de maio de 2018

F8 Benxamín: O Panadería Neli cae nos cuartos de copa diante de Franciscanos(2-3) logo de realizar un bo encontro!!! Noraboa pola tempada realizada!!!


Ainara Rodríguez, convocada pola Selección Galega para o Cto. de Seleccións Autonómicas de Aviés (16 e 17 de Xuño)!!!!

Ainara Rguez. acaba de ser chamada pola selección galega para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Avilés os vindeiros 16 e 17 xuño.
Ainara participará representando a Galicia nos 600 lisos e posiblemente tamén o fago nun relevo.
Ademáis desta cita nacional, Ainara presta tamén a atención en Castellón, onde estará tamén o 30 de xuño representándonos no Campionato de España.
Dase a casualidade de que non será a única atleta formada nas nosas escolas que participará en Avilés, posto que tamén o fará o noso león de San Miguel, o  atleta Aleix Díaz na proba de relevos.
Así pois, Noraboa a ambos por partida dobre!!! Seguimos!!!
Ainara no centro do pódium como Campiona Galega de Milla en Ruta este ano 2018



29 de maio de 2018

Éxito total do Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa na II Edición da Galochada Race de Valdepares (Asturias). Títulos para Ian Méndez, Henar Méndez, Leo Martínez e 5º posto de Pedro Moirón. Título absoltuo para o noso míster, Juan Luís Méndez!!!

Un novo éxito da nosa sección de atletismo na carreira de obstáculos de Valdepares (Asturias).
Os componentes do Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa tiveron os seguintes resultados:
Prebenxamín: Campión Leo Martínez.
Benxamín: Campiona Henar Méndez e 5º posto para Pedro Moirón(aínda que é atleta prebx. disfrutou da proba dos maiores)
Infantil: Campión Ian Méndez.
Absoluto: Campión da proba absoluta da clasificación xeral o noso míster de atletismo e duatlon Juan Luís Méndez(que compite con Atletismo Lourenzá)
Noraboa!!! Seguimos!!!


A Mariña Lucense, Novo Patrocinador Oficial das Escolas!!! Noraboa, Seguimos!!!

A Mariña Lucense, por medio da Mancomunidade de Municipios da Mariña Luguesa incorpórase ó elenco de patrocinadores das Escolas Deportivas formando parte da sección de atletismo
A partir destes momentos a sección pasará a denominarse "Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa", polo que os nosos atletas levarán o nome da Mariña, ademáis do principal patrocinador, por toda a xeografía nacional.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!


28 de maio de 2018

500 comensais disfrutamos da XXII edición de clausura das Escolas Deportivas onte todos os alumn@s recibiron a súa particular homenaxe!!!


O pasado sábado disfrutamos dunha nova clausura das nosas escolas. Na ceremonia de clausura oficial estiveron presentes:
           
- Dª. Rocío López
            Alcaldesa do Concello de Lourenzá

            - D. Pablo Maseda
            Presidente das Escolas 

            - D. Manuel Barreira
            Presidente do Mondoñedo Fc

            - Os representantes dos patrocinadores oficiais desta temporada:
            Construcciones Augacons, Maderas Barcia, Panadería Neli, , Talleres Cardi,, Muebles Huertas, Chatarras y Metales Jorge e Excavaciones Ramsei.     Excusar que non podan estar hoxe com nós a  Cervecería Abadía, O Rei das Tartas, Terras da Mariña,  O Rei das Tartas e Maderas Naciente.

TODOS OS REPRESENTANTES DOS EQUIPOS, ADEMÁIS DE ESTAR INVITADOS Á CEA, RECIBIRON UN AGASALLO CADA UN. 

A MAIORES TIVEMOS UNHA  ENTREGA REPRESENTATIVA DUN PREMIO QUE SÓ PUDO LEVAR UN POR CATEGORÍA AÍNDA QUE MOITOS MÁIS O MERECEDES POLO GRAN TRABALLO REALIZADO NUNHA TEMPORADA HISTÓRICA CON MÚLTIPLES TÍTULOS E TRIUNFOS.          
             
Sección F. SALA/FÚTBOL

FÚTBOL SALA PITUFOS. / FÚTBOL SALA/FÚTBOL 8 PREBENXAMÍN.

            IKER BARREIRA PARDIÑO
            ANXO CIBREIRO RIVAS


FÚTBOL  SALA / 8  BENXAMÍN PANADERÍA NELI

      Premiado fútbol 8:  ALVARO OTERO MÉNDEZ
      Premiado fútbol sala: DIEGO RIVAS CASTRO


FÚTBOL  SALA / 8  BENXAMÍN CERB. ABADÍA

Premiado fútbol 8:  SERGIO GARCÍA BARRERA
Premiado fútbol sala: IAGO GARCÍA BLANCO E IAGO LONGARELA GRAÑA


FÚTBOL SALA ALEVÍN:
  
            - en f. sala: YAGO DÍAZ FIALLEGA
            - en fútbol 8: DIEGO HUERTAS RIVAS


INFANTIL
            Premiado fútbol :  DAVID RIVAS AMOR
            Premiado fútbol sala: FERNANDO VALLINES FDEZ

FÚTBOL CADETE:
            XOEL OTERO GÓMEZ

FÚTBOL XUVENIL :
            JOSÉ ANTONIO FDEZ. MASEDA

FÚTBOL  AUTONÓMICA.
JORGE LÓPEZ VIZCAÍNO

SECCIÓN: BALONCESTO.
             BALONCESTO ALEVÍN: DIANA LASTRA RIVAS
             BALONCESTO CADETE: YANIRA DÍAZ FIALLEGA  

SECCIÓN:  ATLETISMO. / CAMPO A TRAVÉS / DUATLON

ATLETISMO:
CARLOS DOCAMPO IGLEISA

CAMPO A TRAVÉS:
            MANUEL RGUEZ. GARCÍA
                       
            DUATLON
            HENAR MÉNDEZ PIÑEIRO


SECCIÓN: PATINAXE.
     MARÍA SÁNCHEZ VILLALBA.

PREMIO  SORTEO DO FIN DE SEMANA EN MADRID PARA 2 PERSOAS PARA ISMAEL VALLINES


Ainara Rguez., raíña de Galicia dos 600 lisos con unha nova medalla de ouro. Bronce ademáis para Uxía Salvatierra nos 1500 obstáculos!!! Noraboa!!! Seguimos!!!

Actuación das guerreiras cadetes.!!!
Onte domingo Ainara Rguez.  volvía unha vez máis ó cetro autonómico do medio fondo galego.
Con un tempo de 1,40,93 proclamábase campiona dos 600 lisos coa mellor marca do ano ó aire libre. 
Ademáis o clube sube ó pódium por primeira vez a nivel autonómico en categoría cadete nos 1500 obstáculos da man de Uxía Salvatierra, con un tempazo de 5,55,43.
Participaron ademáis as guerreiras:
Carme Alonso, que sae dunha lesión para ser 11ª nos 3000 lisos con 12,48.
Mariña Salvatierra, 10ª nos 1000 lisos con 3,32,29.
María Vallines, 7ª en martelo con un mellor lanzamento de 27,21.
E Ana Avallines, na que un catarro a distanciou dos metais, sendo 9ª en altura con 1,33 e 11ª en 1000 con 3,47,99.

24 de maio de 2018

6 atletas cadetes admitidas no Cto. Galego Cadete para o vindeiro domingo en O Barco(Ourense). Uxía e Mariña Salvatierra, Carme Alonso, María e Ana Vallines e Ainara Rguez.!!! Vamos!!! Seguimos!!!

6 Atletas do Maderas Barcia Lourenzá acaban de ser admitidas para o galego do vindeiro domingo día 27 de maio en O Barco (Ourense).
Uxía Salvatierra representaranos no 1500 obstáculos e nos 100 valados.
Mariña fará o propio nos 1000 lisos mentres Carme Alonso partirá nos 3000 lisos.
Nos lanzamentos teremos a María Vallines en martelo e Ana Vallines en altura e 1000.
Coa mellor marca temos a Ainara Rguez. nos 6oo lisos.
Moita Sorte!!!

22 de maio de 2018

Tocamos teito de novo: Récord de metais das balas das Escolas no Campionato Provincial de Atletismo.... 38...... síiiiiiiiii...........38........Noraboa a Tod@s!!! Seguimos!!!

Ouros: 13.
Iria Rguez 1000, Manu Rguez. 2000, David Martínez 220 valados, Carlos Docampo altura, Rubén Ferreira lonxitude, Hugo López lonxitude, Manu Rguez. triple, Sergio García peso, Fer Vallines peso, Andrea García combinadas, Fer Vallines jabalina, Pablo Reigosa pelota, Sergio García pelota.

Pratas: 13.
Ángela Rguez. 50 lisos, Carlos Docampo 500, Iago Longarela 500, Ángela Rguez. 500, Henar Méndez 2000, Iria Otero 2000, Ian Méndez 220 valados, Rubén Ferreira altura, Iago Longarela lonxitude, Manu Rguez. lonxitude, Pablo Reigosa lonxitude, Relevos 4*50 benxamín masculino e Relevos 4*60 alevín masculino.

Bronces: 12.
Sheila López 500, Lidia Balseiro 1000, Hugo López 2000, Ian Méndez 2000, Lourdes García 2000, David Martínez 80 valados, Carmen García 220 valados, Dani Vijande en 220 valados, Carmen García altura, David Martínez altura, Uma Córdoba combinadas e o relevos 4*50 feminino.



15 de maio de 2018

Disfrutamos en Asturias dunha nova edición da Puerto de Vega - Navia; onde tivemos os pódiums de Ainara, Iria Rguez. e Carlota Menéndez!!!

Ata Navia se desprazaron varios atletas da sección para disputar unha nova edición da súa popular.
Triunfo de Ainara Rguez. en Cadete, e subcampionatos para Iria Rguez. en alevín e Carlota Menéndez en prebenxamín.
Ademáis estiveron presentes tamén con unha gran actuación Pedro Moirón, Javi e Aroa Ferreiro, Iria Otero, Ana Vallines, Lourdes García e Anxo e Damián Edrosa.
Noraboa. Seguimos!!!


Os equipos benxamín masculino e feminino do Maderas Barcia Lourenzá, coa élite de Galicia!!!

Disfrutaron como enanos os nosos equipos benxamín masculino e feminino no Campionato Galego por Equipos disputado o pasado fin de semana en Lugo.
Excelente actuación de ambos equipos, conseguindo o masculino unha 4ª posición e o feminino a 7ª.
Benxamín Masculino:
Roi 7º en 50 (9,42), Longarela 5º en 500(1,49), Luís 11º en 1000(4,13), Rubén 5º en lonxitude(2,89) e campión en altura(1,01), Sergio campión en peso(7,79) e Borja 10º en pelota (14,92). O equipo de relevos, subcampión.
Benxamín Feminino:
Sara Otero 7ª en 50(9,30), Ángela 2ª en 500(1,45), Lidia 7ª en 1000(4,04), Manuela 9ª en marcha(7,09) e 16ª en peso(3,33), Sheila 5ª en lonxitude(2,72), Andrea 12ª en altura(0,89) e 13ª en pelota(9,13). En relevos, subcampionas.
Cuarto Clasificado o equipo masculino con 85 puntos, a 6 puntos do pódium e fantástica actuación do feminino con unha 7ª posición de 16 equipos en liza.

9 de maio de 2018

Comenzamos os provinciais de fútbol sala coas 3 categorías clasificadas: Neli en benxamín, M. Huertas en alevín e M. Barcia en Infantil!!! Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!

Aínda que non é habitual o bo traballo segue dando os seus froitos, e as Escolas clasificaron ós 3 equipos das 3 categorías para os campionatos provinciais.
Hoxe debutan xa os benxamíns e os infantís. O Panadería Neli ás 18,00 diante de Meira e o Mad. Barcia infantil con Outeiro de Rei ás 19,00. Ambos no Viñas da Veiga.
Ademáis o alevín M. Huertas adianta o seu encontro para o vindeiro venres ás 19,00 horas en Guitiriz.
Moita sorte a todos e a disfrutar!!!

24 de abr. de 2018

Xana Rguez. gana a Camovi en categoría Junior válida para a Copa Galega de Montaña. Ademáis participaron na Camoi Kids Samuel, Pedro, Aroa e Javi. Vamos!!!


Trofeazo na carreira absoluta de Friol para as nosas guerreiras Cadetes con un 3º posto por equipos (Ana, Mariña, Uxía, Carme e Marta)!!! Ademáis, títulos individuais para Manu Rguez. en infantil e Hugo López en alevín máis un bronce para Henar !!!

Nova actuación sorprendente nunha proba a de Friol onde sempre somos moi ben tratados e onde disfrutamos o pasado domingo dun excelente día de competición.
Alevín:
Triunfo de Hugo López no apartado masculino e bronce para Henar Méndez.
Infantil:
Triunfo de Manu Rguez. e 5ª posición para Ian Méndez.
Absoluta:
Meritoria terceira posición das guerreiras cadetes que competiron na proba absoluta de 5 kilómetros.
Ana Vallines entraba 4ª cadete e 138 da xeral en 22,43; Mariña 147 en 22,57; Carme 152 en 23,03; Uxía 153 en 23,03 e Marta 206 en 25,57. Primeiro posto entraba por puntuación o cadro local Friol, segundo Verxel de Lugo e terceira posición para as nosas rapazas.
Ademáis, competiron nesta proba absoluta Pablo Irimia e Anxo Edrosa!!!

16 de abr. de 2018

Duatlon: "O Debut en Provincial Soñado". Henar e Ian Méndez, Campións Provinciais benxamín e alevín!!! Maderas Naciente, novo patrocinador da sección!!!

Debutou con éxito absoluto a sección de duatlon das Escolas nun Campionato Provincial con dous títulos.
Na categoría benxamín, Henar Méndez impoñíase na proba coa súa compañeira Emma García alcanzando a 4ª posición a moi poucos segundos do podium e despois de remontar logo dunha caída.
En alevín masculino, Ian Méndez gañaba con moita suficiencia a proba sendo o seu compañeiro David Martínez 10º clasificado.
Carmen García competía na alevín feminina, con un 5º posto da xeral e Samuel Debasa na infantil obtiña igualmente unha meritoria 5ª posición.
Na catogoría Multixogo non competitiva tamén tivemos a representación de Pedro Moirón.
A seguinte parada da sección federada será o 12 de maio en Vedra(Santiago) no Cto. Galego da disciplina.
Unha boa nova se suma ós éxitos dos rapaces. A sección terá novo patrocinador a partir do día de hoxe: MADERAS NACIENTE; que levará o nome deportivo do equipo.
Noraboa a todos os rapaces e sobre todo ó seu míster Juan Luís Méndez polos éxitos acadados.
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!

11 de abr. de 2018

Xana Rodríguez, campiona junior da Toxiza Classic Xtreme 2018 e Subcampiona Absoluta!!!

Con un tempo de 1:41:05 adxudicábase a gran Xana Rguez. unha nova edición da Toxiza sobre un percorrido de 14 kilómetros. Campionza junior e subcampiona absoluta.
Comenza forte a nosa atleta que xa está en plena preparación das Carreiras de Montaña para esta temporada 2018!!!
Noraboa!!! Seguimos!!!

Pódiums para Ángela Rguez., Sara Otero, Borja Nogueira, Noa Valiña e Ana Vallines na IX Edición das Poleas en Tapia!!!

Resultados por categorías:
Bx. Masculino: 3/- Borja Nogueira.
Bx. Feminino: 1/- Ángela Rguez. 2/- Sara Otero
Av. Feminino: 2/- Noa Valiña
Cad. Feminino: 2/- Ana Vallines

Ademáis representáronnos nestas categorías Emma García, Andrea García, Anxo Edrosa, Pablo Irimia, Manuela Lastra, Lidia Balseiro, Roi De La Plaza e Carmen García.
Na competitiva de prebenxamíns, con victoria do noso gran Pedro Moirón, tamén estiveron Damián Edrosa, Daniela De La Plaza, Carlota Menéndez e Marta Rguez.

F8 Benxamín. Partidazo do Panadería Neli diante da Residencia con victoria 5-1. (Óscar 2, Álvaro 3). Seguimos!!!


2 Títulos Autonómicos e un Subcampionato para o Maderas Barcia Lourenzá no Cto. Galego de Milla en Ruta. A Lenda segue medrando!!! Santiago de Compostela, 08/04/2018

Outra xesta para enmarcar:

Cadete Feminino:
1- Ainara Rguez. 3,22. Título Autonómico.
14- Ana Vallines. 3,38
22- Mariña Salvatierra. 3,44
24- Uxía Salvatierra. 3,45
29- Carme Alonso. 3,53
38- Marta Alonso. 4,06

Infantil Masculino:
2- Manuel Rguez. 3,16. Subcampionato Autonómico.
16- Ian Méndez. 3,42
36- Fernando Vallines- 4,09

Alevín Feminino:
1ª- Iria Rguez. 3,43. Título Autonómico.
16- Henar Méndez. 4,09

Benxamin Feminino
9ª- Angela Rguez. 4,21

3 de abr. de 2018

O Maderas Barcia Lourenzá, de embaixador na emblemática VIII Carreira da Torre de Hércules en A Coruña. Ana Vallines, Bronce en cadete feminino!!!

Desprazábanse o pasado domingo varios atletas das Escolas para participar en A Coruña na carreira ó pé da Torre de Hércules.
Henar Méndez, 5ª en alevín feminino, con un tempo de 2,50 sobre un percorrido de 800 mts. Ademáis a súa compañeira Lourdes García entraba en 8ª posición parando o crono en 3:11.
Ian Méndez obtiña a 5ª praza en infantil masculino. 5,55 en 1600 metros.
E por último Ana Vallines lograba un meritorio bronce nun circuito de 2300 metros con un tempo de 8:34, a un ritmo de 3,44 o kilómetro.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!

9 de mar. de 2018

5 guerreiras cadetes no Cto. Galego de Pista Cuberta Cadete mañá en Ourense. Go!!!

5 atletas con marca acaban de ser admitidas para o Cto. Galego cadete a disputar mañá sábado en Ourense. Éstas son as elexidas:
Carme Alonso para 3000 lisos. Parte coa 5ª mellor marca (12,03) pero sae dunha lesión e intentará estar o máis arriba posible.
Ainara Rguez para 6oo lisos. Sae para a final coa terceira mellor marca(1,44) pero intentará ganar o título buscando marca para o Campionato de España do vindeiro fin de semana.
Mariña Alonso para 1000 lisos. Nos 1000 teremos a Mariña, que a pesar de ser atleta de primeiro ano intentará mellorar eses 3,25 nos que parte coa 12ª mellor marca do ano..
Ana Vallines busca mellorar marca nos 3000 lisos e opta a metal no salto de altura. Ana sae co 8º tempo en 3000 lisos (12,19) aínda que vai coa misión de rebaixalo e está como 4ª mellor marca no salto de altura con 1,43.
Súa irmá María Vallines participará tamén no Lanzamento de Peso, no que parte coa 14ª mellor marca con un mellor lanzamento de 8,06.
Vamos, Moita Sorte!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe