09/03/2018

5 guerreiras cadetes no Cto. Galego de Pista Cuberta Cadete mañá en Ourense. Go!!!

5 atletas con marca acaban de ser admitidas para o Cto. Galego cadete a disputar mañá sábado en Ourense. Éstas son as elexidas:
Carme Alonso para 3000 lisos. Parte coa 5ª mellor marca (12,03) pero sae dunha lesión e intentará estar o máis arriba posible.
Ainara Rguez para 6oo lisos. Sae para a final coa terceira mellor marca(1,44) pero intentará ganar o título buscando marca para o Campionato de España do vindeiro fin de semana.
Mariña Alonso para 1000 lisos. Nos 1000 teremos a Mariña, que a pesar de ser atleta de primeiro ano intentará mellorar eses 3,25 nos que parte coa 12ª mellor marca do ano..
Ana Vallines busca mellorar marca nos 3000 lisos e opta a metal no salto de altura. Ana sae co 8º tempo en 3000 lisos (12,19) aínda que vai coa misión de rebaixalo e está como 4ª mellor marca no salto de altura con 1,43.
Súa irmá María Vallines participará tamén no Lanzamento de Peso, no que parte coa 14ª mellor marca con un mellor lanzamento de 8,06.
Vamos, Moita Sorte!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe