12 de feb. de 2019

Gran acollida do proxecto dunhas pistas de atletismo en Lourenzá por parte da Federación Galega de Atletismo

No día de onte recibimos no Concello de Lourenzá a visita do Presidente da Federación Galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos e do Vicepresidente de relacións institucionais da propia federación D. Jesús Vázquez. A xuntaza estivo presidida pola nosa Alcadelsa Dª. Rocío López.
Un dos puntos importantes da xuntanza foi o de tratar a da futura pista de atletismo na Mariña de Lugo, ante o cal o Concelo de Lourenzá presentou un proxecto económico da mesma nunhos terreos na zona de Recemil, unhas fincas que están próximas á autovía.
O mandatario da federación comprometeuse a estudiar o proxecto e buscar a viabilidade da mesma sabendo da necesidade que temos na nosa comarca dunhas tan demandadas instalacións de atletismo.
Ademáis a xuntanza sirviu para falar con eles do bo funcionamento dos dous clubs de atletismo da localidade e tratáronse futuros proxectos de vinculación entre a Federación e o Concello de Lourenzá.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe