Sobre un percorrido de 3600 metros lograba o campionato do Corgo Ana Vallines Fdez. para categorías menores con un tempo de 15,26. Sobre o mesmo percorrido, Anxo Edrosa na categoría masculina obtiña tamén un meritorio bronce con un 14,51 e o seu compeñeiro Joni Rivas remataba na 6ª praza.
Ademáis, en alevín subcampionato para Hugo López con 6,44 sobre 800 mts. e Emma García bronce con 8,03. En infantil feminino Iria Otero obtiña un bronce con 7,05.
En benxamín feminino protagonismo para Andrea García con un bronce en 500 con 1,43.