No día de onte quedou constituida unha nova sección dentro do organigrama das Escolas. Na asamblea estivo presente o noso presidente do clube Pablo Maseda e decidiuse que a sección terá unha comisión xestora formada por 6 socios constituíntes e un coordinador deportivo que será Juan Luís Méndez. Acordouse nomear socio honorífico a José Manuel López Otero.
A sección nace aberta a todo o mundo que queira disfrutar do mundo da bici, do duatlon, do triatlon e do deporte en xeral. Correr, Nadar e Bici centrará os esforzos da nova sección.
Todos aqueles que queirades formar parte da mesma podedes solicitalo ó correo do clube escolaslourenza@gmail.com
A sección presentouse onte na Praza do Conde Santo e estivo acompañada polo tenente de Alcalde do Concello D. Manuel Arango e o Patrocinador principal da sección Maderas Naciente.
Os menores de 18 anos seguirán formando parte das Escolas coa súa cuota de alumno mentres que os maiores de 18 anos o farán como socio deportivo que pode ser normal ou familiar.
A nova sección centrarase en probas de ciclismo federadas así como marchas ciclistas de carretera e montaña, campionatos de duatlon na modalidade de sprint que tenen lugar en Galicia, Asturias e León así como no Triatlón e Pentatlon Moderno que contará tamén coa súa sección federada.
Unha boa noticia!!! Noraboa a tod@s!!!