5 de xul. de 2018

II MILLA POPULAR CONCELLO DE LOURENZÁ: Que continúe o Espectáculo!!!

Benqueridos Amig@s!!! Xa estamos aquí!!! Que continúe o espectáculo!!! 26 de Agosto!!! Go!!!
Despois do espectáculo vivido o ano pasado coa nosa primeira edición, xa temos aquí a II Milla Urbana Popular Concello de Lourenzá que volverá a vestir as rúas de Lourenzá de deporte.
En plena temporada estival, o domingo 26 de Agosto durante toda a mañá sucederanse carreiras que enmarcan a todas as categorías (dende pitufos ata veteráns) para que todo o mundo poda participar e disfrutar!!!
Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscriban antes do xoves 23 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, bolsa de avituallamento individual, cronometraxe control de meta por championchipnorte, cronómetro xigante en meta, vídeo chegada en línea de meta, servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.
A organización correrá un ano mái a cargo do Concello de Lourenzá e contará co apoio das Escolas Deportivas e do Clube Atletismo Lourenzá. Nos vindeiros días iremos dando a coñecer máis colaboradores e patrocinadores.
Enlace de inscrición e reglamento:

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe