Representounos Ainara o pasado fin de semana no Cto. de España de Seleccións Autonómicas con Galicia.
Nos 600 lisos lograba ser 6ª de España con un tempo de 1,38,90; o que supón a mellor marca ó aire libre da tempada e a segunda mellor do ano.
Contribuía así Ainara Rguez. ó Quinto posto final de Galicia no Campionato de España.
Agora a atleta centrarase no Campionato de España Individual que terá lugar o 30 de xuño en Castellón.
Ademáis tamén tivemos ó atleta formado nas nosas Escolas Aleix Díaz, que alcanzou o bronce nos relevos 4*300.
Noraboa a ambos pola experiencia vivida!!! Seguimos!!!