29/11/2017

Fer Vallines gana o XVI Trofeo Cidade de Narón en lanzamento de peso

Acudíamos o pasado fin de semana a Narón(Ferrol) con motivo da 1ª cita en pista co XVI Trofeo Cidade de Narón en Xogo.
Sorpresa que nos daba Fer Vallines con un lanzamento por encima dos 10 metros (10,28) co que alcanzaba o título na categoría infantil, seguido por Angel García (7,46) e de Brais Díaz(6,65). Completaba a súa actuación Fer participando nos 60 lisos co que lograba con un 9,58 ser 2º de serie e 6º da xeral.
Ademáis tivemos a representación de Henar, Ian Méndez e Ana Vallines.
Henar Méndez  nos 60 lisos, 5ª da xeral cun un 10,52 e boa actuación nos 500 con unha 6ª posición e un 1,45,57.
Ana Vallines participaba nos 300 e nos 1000 a pesar de non ser probas da súa especialidade. 5ª nos 300 con un 47,74 e 9ª nos 1000 con un 3,27.
E Ian Méndez realizaba un tempo de 3,35 en 1000 lisos(12ª posición) e era 5º de serie nos 60 lisos con un 10,22.
Noraboa, rapaces!!! Seguimos!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe