Adiantouse o Mondoñedo con gol de Jose de la Vega nun córner. Empatou Moncho para o atleti e culminou a remontada Recalde cun disparo desde dentro da área. O susto deuno o xuvenil Paulo,que por un golpe forte na cabeza tivo que ingresar no hospital, que logo dun par de horas en observación recibía a alta!!!
Lourenzá- Alfoz. 3-1.
O un cero obra de Ivan Recalde cunha falta directa marca da casa. Nunha boa xogada elaborada Manuel Rodríguez anotou o 2-0. Recortaría distancias o Alfoz achegándose no marcador 2 a 1. Finalmente tras unha xogada persoal do xuvenil Luis Recalde conseguiría o definitivo 3-1 que traía para Lourenzá o Trofeo dos chóferes 2017!!!
Noraboa, Seguimos!!!