Onte estivemos representados nun Cto. de España pola Grande Ainara Rodríguez Ares. Ás 18 horas da tarde saiu a competir como só ela sabe e intentou estar entre as dúas primeiras para meterse na final. Non se escondeu en ningún momento. Estivo no grupo de cabeza dando a cara e loitando coas mellores de España. Ó final non pudo ser. A partir dos 600 metros, co cambio de ritmo das primeiras atletas, as pernas e o corazón da xoven atleta non responderon como o fixo outras tantas veces.
Ainara hoxe domingo, un día despois da proba nada máis despertar só pensou en poñerse a adestrar para seguir mellorando. A actitude desta pequena bala das Escolas é á que ó final conta: loitar e loitar cada día para ser mellor e superarse a sí mesma. Un exemplo a seguir para todos os seus compañeiros da sección de atletismo que tamén venen pisando forte. Chegou e seguirá chegando lonxe, e senón, que lle quiten o bailado. GRANDE, AINARA.