Organizar un evento desta índole representa un esforzo económico e humano considerable, polo que dende o comité técnico do torneo, consensuando a decisión coa directiva das escolas optouse por seguir aunando forzas pero cada dous anos; polo que neste ano 2016 xa se está traballando para elaborar un gran cartel para a edición do 2017. O cambio só obedece a causas deportivas (conseguir máis de 20 equipos todas as edicións non resulta doado), humanas(persoal que organiza, colabora, voluntarios...) e, sobre todo, económicas ( reunir un presuposto de preto de 20.000 euros non é sinxelo cos tempos que corren).
Esta decición tomouse para que o evento sexa viable e teña continuidade no futuro polo que, en principio, os anos impares serán anos de Lourenzá en Xogo.
Agradecer a todas as institucións públicas (Concello de Lourenzá, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia) empresas privadas e persoal colaborador, equipos participantes, adestradores, directivos e voluntarios que fixestedes e faredes do Lourenzá en Xogo un dos mellores eventos de baloncesto feminino do territorio nacional.
Vémonos na XIV edición: Lourenzá en Xogo 2017!
A DIRECTIVA
Marta García en plena acción no Lourenzá en Xogo 2015 |