Se os trámites federativos transcurren con normalidade, a alero que foi presentada no día de hoxe debutará xa este vindeiro fin de semana en Palencia co equipo de Nacional.
Leane é unha alero serbia de 190 centímetros e 24 anos que se comprometeu con nós ata final de temporada e provén do Badajoz de Liga Feminina - 2; aínda que comenzou a pretemporada no Adda de Avilés.
Tajkov é natural de Gimnazija Becej (Belgrado), onde empezou a xogar ó baloncesto e desde onde se traslada ós Estados Unidos. Despois de varios anos competindo na NCAA en Mobile Rams volveu a Europa esta temporada da man do ADBA. É unha xogadora que pode actuar máis cerca do aro debido á súa envergadura. Moi efectiva no tiro, rápida e unha boa lectura do xogo fan de Tajkov unha xogadora difícil de defender.
Esta alta supón un plus de calidade na plantilla de Pablo Castro de cara a afrontar unha loita pola salvación que vai a ser complicada pero na que se loitará ata o final.
Leane desfrutou hoxe xa do seu primeiro día de entreno co equipo |