Os atletas das Escolas así como a sección de Atletismo Lourenzá (adultos) participaron o pasado Venres na carreira popular do Viño de Quiroga e este domingo na popular do Augardente de Portomarín; destacando unha vez máis os triunfos de Ana Vallines e Ainara Rguez.
En Quiroga Na XI Carreira Popular do Viño de Quiroga Ana Vallines facíase co título na categoría infantil feminino. Fernando Vallines era 10º en Alevín Masculino e Luís Graña na categoría sénior percorría 9 kilómetros en 37:36 (33º da súa categoría)Na I Carreira Popular da Festa da Augardente de Portomarín destacaba o título de Ainara Rguez. na categoría infantil feminino. Ademáis Iria Rguez conseguía a prata en benxamín feminino.O resto dos nen@s: Henar Méndez 4ª en benxamín, Ian Méndez 5º en benxamín e Claudia Graña 5ª en infantil feminino.En canto ós adultos, notable actuación de Marisa Ares e Alex Villalba, con un bronce nas súas categorías con trofeo.
RESULTADOS ADULTOS:
RESULTADOS ADULTOS:
MARCOS RGUEZ: 14 da xeral, 7 da categoría. Tempo de 31,02
ALEX VILLALBA: 15 da xeral, 3 da categoría. Tempo: 31,10
LUIS GRAÑA: Posto 22 da categoría. Tempo: 34,10
JUAN MÉNDEZ: Posto 19 da categoría. Tempo: 37,25
MARISA ARES: Posto 13 da xeral, 3 da categoría. Tempo: 42,37
LOLI PIÑEIRO: Posto 23 da xeral, 7 da categoría. Tempo: 47,14
Ana Vallines vencedora da Popular de Quiroga |
Marisa Ares bronce e Iria Rguez. prata en Portomarín |