Ainara Rguez. volvía a impoñerse de novo na prestixiosa Corre con Nós que tivo lugar nas Termas en Lugo este pasado domingo. Nova victoria por tanto na categoría infantil sobre unha distancia de 1500 mts. con un tempo de 6 minutos e 17 segundos.Tamén tomou parte na mesma proba Iria Rguez. en categoría benxamín, así como Marisa Ares en categoría absoluta.
Máis respresentantes da sección estiveron ademáis en diversos frentes:
O pasado sábado a cadete Nerea Bajatierra traballaba en Inef(A Coruña) nunha xornadas técnicas da federación galega sobre lanzamentos;
O sábado en Santiago de Compostela no III Trofeo Fontes do Sar Brais Díaz gañaba a proba de 500 metros lisos e colgábase o ouro con un tempo de 1,45,03. O seu compañeiro Aleix Díaz lograba o 5º mellor tempo en 80 lisos con unha marca de 12,01.
E por último as Escolas na súa sección de adultos tivo representación en Avilés o pasado domingo na Carreira pola igualdade da muller gracias a Rubén Méndez.
Ainara Rguez. vencedora unha vez máis dunha nova carreira do Corre con Nós |
Brais Díaz vencedor da proba de 500 lisos en Santiago |