16 de xan. de 2014

Juan Álvarez Renda non seguirá como adestrador do primeiro equipo das E.D. Lourenzá.

            Juan Álvarez Renda e a directiva do clube chegaron no dia de onte a un acordo polo que o ata o de agora míster  deixará de ser adestrador do equipo de fútbol de primeira autonómica.

            Avaliada a situación comprometida do equipo por ambas partes, optouse por un cambio e chegouse á decisión de que nesta segunda volta da temporada este á fronte do equipo o que ata o de agora era o preparador físico Breo, con experiencia como adestrador  dirixindo a equipos de categorías inferiores do Rápido de Bouzas, así como  preparador físico tamén do Rápido de Bouzas durante 6 temporadas consecutivas en terceira división.

Breo debutará xa este vindeiro domingo diante da afición en Sta. Cruz dirixindo ó equipo nun derbi diante do Iberia.


            A directiva quere agradecer e valorar o traballo, esforzo e dedicación desenrolado polo mister Renda por confiar e comprometerse con esta entidade, deixando as portas abertas para  que noutra ocasión se poda volver a incorporar ó organigrama do clube.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe