Os benxamins, alevíns e infantis participantes na II Liga Escolar Federada foron os primeiros en estrear en competición o fantástico módulo de Lugo. A segunda fase da Liga desenvolveuse con unha magnífica organización na que tanto os atletas, adestradores, xuíces e pais colaboraron para que a competición resultase nunha xornada na que predominou o bo ambiente por enriba dos resultados. Agás as probas de anel, 500 e 1000 e os concursos de triple, peso e lonxitud infantil o resto das probas disputarónse no módulo. Finalmente, os millores foron Franciscanos, Vila de Cangas e San Narciso en benxamíns homes, Atletismo Morrazo, Escolas de Lourenzá e San Narciso en benxamin mulleres, Vila de Cangas, Millaraio e Escolas Lourenzá en alevins homes e Vila de Cangas, Franciscanos e Escolas de Lourenzá nas mulleres. Xa en infantis subiron ó podium os compoñentes do Franciscanos, Vila de Cangas e San Narciso en homes e Vila de Cangas, Franciscanos e Sociedad Gimnástica de Pontevedra en mulleres.Excelente tamén a actuación dos outros equipos participantes loitando até o final polos puntos. |