27 de maio de 2013

A sección de atletismo pesca un bronce no Galego Infantil con Nerea!!!

A sección de Atletismo non decepcionou na súa cita co Galego Infantil!!!
A atleta das Ed.Lourenzá Mondoñedo Nerea Bajatierra acadou o pasado sábado a Medalla de Bronce no Lanzamento de Peso da Categoría Infantil Feminina con un lanzamento de 8,06. A atleta, que é a actual campiona provincial, efectuou o mellor concurso no seu último lanzamento, co que pasaba da 5ª posición á 3ª. Ademáis compitiu en disco, obtendo a 11ª praza con 13,46.
Ademáis competiron a un gran nivel o resto da expedición. 
Xana Rodríguez quedou 4ª galega en 220 vallas con 36,34 a 12 centésimas da 3ª praza; a pesar de ter mellor marca nas semifinais con un tempo de 35,86. Compitiu ademáis en Triple cunha séptima praza(8,71) e clasificouse tamén para a final de 80 lisos (11,19) aínda que non participou para reservarse para a final de vallas. 
Lidia Barreira realizou tamén un excepcional concurso en Triple Salto, obtendo a 6ª praza a pesar de ser atleta de primeiro ano cun salto de 8,77. 
Por último Ilyass Khaled foi 8º en 1000 obstáculos (4,01) e 10º en Xabalina (21,02)
Nerea recibe as felicitacións do Xefe Provincial de Deportes


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe