6 de mar. de 2013

Taimara Suero, fichaxe estrella do basket Autonómica!!!

Unha nova exinternacional cubana aterriza no equipo de basket autonómica. TAIMARA SUERO CORONADO (Cuba - 1979); é unha escolta de 1,74 que foi internacional dende os anos 1996 ó 2007 con Cuba, coa que ganou a medalla de ouro dos xogos panamericanos 2003 Santo Domingo, Medalla de bronce dos xogos panamericanos 2007 Rio de Xaneiro, e xogou en Europa en Hungría(2007/08), en Liga-2 no Chajeba04 xa en España e máis recentemente no Arxil de Pontevedra na 2010-2011.
Esta incorporación ven a elevar o nivel do equipo de autonómica que dirixe Juan Nécega, inmerso na loita polo ascenso a Liga Nacional. A xogadora estará xa a disposición do equipo este vindeiro domingo en Vigo e xogará ata final de temporada. Moita sorte, Taimara!!!
Taimara botando o balón diante dunha rival 

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe