Ainara acaba de proclamarse como a atleta benxamín máis rápida de Galicia con un tempo de 8,10 na gran final. Accedeu á final despois de ser primeira da súa serie con un tempo de 8,28. Co tempo de 8,10 sitúase de PRIMEIRA no Ránking Galego!!!
Ademáis da medalla de ouro, Ainara tamén foi subcampiona galega(medalla de prata) nos 500 metros lisos con un tempazo de 1,40,46; só superada por Lucía Portela(Tui) que batíu o récord galego da proba.
Ademáis,no resto da expedición Ana Vallines alcanzou un gran meritorio 4º posto na final de 1000 metros lisos con un tempo de 3,52,73, a punto de subir ó pódium.
Diego Romay tamén participou na semifinal de 60 metros lisos obtendo un tempo de 9,3 (sexto da súa serie) o que o deixaba fóra da gran final, a pesar de que na outra semifinal o segundo mellor fixo 9,4.
Enlaces para ver todo o reportaxe de FOTOS:
Fotos campionato galego páxina 1
Fotos campionato galego páxina 2
Ainara, GRANDE!!! |
Ana, instantes antes da saída de 1000 metros lisos |
Diego, antes da saída dos 60 metros lisos |