Este ano queremos un FIN DE FESTA que se recode, queremos algo distinto. Poñemos ENTRADAS para a Cea a un precio de 6 Euros para que toda aquela persoa que o desexe poda participar (socios, familiares, amigos, veciños.....).
Este ano queremos unha gran FESTA DE CLAUSURA, pero eso xa depende de vós: ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!
As entradas estarán distribuidas en Cafetería Baos (Sto. Tomé), Xiraldo (S. Adriano), Ana Sport e Panadería Neli (Vilanova)
PROGRAMA FESTA:
SÁBADO, DÍA 26 DE MAIO:
21,30 horas: PAVILLÓN MUNICIPAL.
Recepción de alumnos e recollida de material deportivo
22,00 horas: PAVILLÓN MUNICIPAL.
Comida de confraternidade para todos os participantes, directivos, famílias e amigos das E. Deportivas.
23,00 horas: CLAUSURA OFICIAL
Entrega de premios e regalos / Acto de clausura OFICIAL.
A partir das 23,30 horas:
Baile e Festa
Recordade que a roupa de equipos (chandal, sudadera, pantalón, camiseta ......) deberedes entregala OBRIGATORIAMENTE durante esta xornada. A RECOLLIDA DESTE MATERIAL É IMPORTANTE, para poder ordear o mesmo de cara á temporada seguinte e repoñer o que sexa NECESARIO. *** Os únicos equipos EXENTOS de entregala son os primeiros equipos de fútbol e baloncesto; así como aqueles equipos que teñan competición durante o mes de Xuño.
Informamos ademáis que está aberto xa o prazo de renovación de fichas nas seccións de atletismo, fútbol, fútbol sala e baloncesto nas respectivas federacións correspondentes . Por tal motivo, as vosas fichas serán renovadas automáticamente, salvo que teñades novas propostas o cal o teredes que comunicar á maior brevedade posible
A DIRECTIVA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ