11 de xan. de 2012

As Escolas terán nova sección deportiva: CICLISMO.

No día de onte quedou constituida unha nova sección deportiva dentro das Escolas: O Ciclismo.

A sección nace co afán de que todos os veciños de Lourenzá e municipios limítrofes amantes deste deporte o podan disfrutar dentro das Escolas e que entre tod@s pouco a pouco fagamos que vaia medrando. 
A sección está constituida xa neste momento por 15 persoas onde a alma máter do proxecto será Francisco Álvarez Chao, que será o encargado de dirixir e coordinar deportivamente a sección. 
Se algún de vos todavía está interesado en apuntarse a este novo proxecto, podedes mandarnos un correo cos vosos datos a: escolaslourenza@gmail.com
Dende aquí queremos desexarlle a este grupo amante do deporte da bici que teña moitísimos éxitos en todo o que se propoñan. MOITA SORTE!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe