A pesar do múltiples frentes que temos este vindeiro fin de semana, animámosvos a estar cos primeiros equipos das escolas de fútbol e basket que este domingo día 27 xogan como locais.
En Sta. Cruz, o equipo de fútbol dirixido por J.Manuel intentará facer valer o factor campo para intentar sacar adiante 3 puntos diante dun rival moi necesitado que acumula 6 derrotas consecutivas e que a temporada pasada militaba en Preferente Autonómica. O noso equipo non coñece a derrota dende o 9 de outubro e segue invicto en Sta. Cruz. J. Manuel recupera ó sancionado Oli para a ocasión.
Como sensación ata o momento e como "vitola" de equipo revelación en Liga Autonómica preséntase o E.D. Lourenzá Ensino de basket no Pavillón Municipal de Lourenzá. O cadro de Cris Vázquez presenta 6 victorias en 8 xornadas e sitúase agora mesmo en postos de promoción de ascenso a Liga Nacional, algo histórico co que soñar. Pérdense o partido Ainoa e Marta Lema por lesión. Enfrente, un Cluny Santiago que se presenta con só 3 victorias pero que ven de derrotar a outro aspirante ó ascenso, Lasalle. A misión non será doada.
Sabemos que Sta. Cruz vestirá as mellores galas (como o ben facendo habitualmente) para recibir á escadra de fútbol, por eso queremos ver ese ambiente tamén nas gradas do Pavillón.
Entre todos, PODEMOS!!!.