O vindeiro xoves día 15 de setembro, a partir das 18,30 horas no Salón de Actos do Concello de Lourenzá, LOURENZÁ E ENSINO LUGO renovarán o convenio que comenzou a temporada pasada pero esta vez para levar xuntos o proxecto de competir na 1ª División Autonómica Feminina.
Ese día coñeceremos ás integrantes da 1ª plantilla e corpo técnico para afrontar un ano que se presenta cheo de ilusións para facer unha boa campaña na competición.
Logo, a partir das 19,00 horas teremos o primeiro adestramento no Municipal laurentino.
Como ben sabedes, a temporada pasada a fusión en categoría Junior Feminino levounos a gañar a Copa Galicia, polo que esta temporada intentaremos repetir éxito na categoría absoluta.