15 de xuño de 2011

Lourenzá terá equipo de FÚTBOL INFANTIL.

No día de onte presentaronse diante da federación de fútbol os avais a rexistro coa alta do equipo de fútbol infantil para a vindeira temporada 2011-2012. A intención da directiva é agora a de xuntar os rapaces suficientes para acometer esta competición con garantías; posto que sabedes que é unha competición a nivel provincial con un calendario moi esixente.
Por todo esto todos os que teñades para o vindeiro curso edade infantil así como os alevíns de 2º ano seredes citados no campo de Sta. Cruz a comenzos do mes de agosto. Se coñecedes algún amigo que poda sumarse ó proxecto, non o dubidedes; animádeo para que se sume ó equipo.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe