31 de maio de 2011

Segundo López non estará a vindeira temporada como máximo responsable do equipo de 1ª Autonómica.

AGRADECEMENTOS A SEGUNDO LÓPEZ.

Segundo López non seguirá ó fronte do 1º equipo de fútbol de 1ª autonómica das E.D. Lourenzá.
Segundo López pon un punto e seguido na súa vida deportiva e deixa o noso clube despois de estar con nós nas dúas últimas temporadas; deixando ademáis escrita a mellor páxina do equipo na categoría como 6º clasificado de Liga.
                Dende a directiva queremos agradecer públicamente o seu traballo,  dedicación, compromiso e constancia.  Sen dúbida ningunha él foi un dos artífices  do bo  rendemento do equipo de fútbol   nestas dúas últimas temporadas e dende aquí  queremos agradecerlle públicamente a súa labor e ó mesmo tempo desexarlle que alcance todos os éxitos deportivos alá onde comence a súa nova etapa deportiva.
                A partir deste momento o clube buscará  un adestrador que comulgue coa filosofía das Escolas para  empezar a planificar xa a vindeira temporada 2011 – 2012. 
                En Lourenzá, a 30 de maio de 2011.
                A DIRECTIVA DAS E.D. LOURENZÁ.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe